Comunícase que o alumnado CON RESERVA de praza na residencia, incorporarase ao centro o MÉRCORES 9 de SETEMBRO no seguinte horario:
HORARIO DE INCORPORACIÓN:
de 09:00 a 11:00 horasde 11:30 a 13:30 horas
ALUMNADO con RESERVA de praza:
Por favor, diríxanse directamente ao edificio administrativo – conserxería.O alumnado residente que o desexe, pode deixar as maletas no centro en horario de mañá. Así mesmo, os/as residentes que queden a comer no día da incorporación deberán anotarse pola mañá en recepción.
OBXECTOS A TRAER PARA TODO O ALUMNADO
- Equipaxe
- 2 toallas
- 2 xogos completos de sabas de 1,05 cm (3 pezas)
- Roupa persoal e de aseo
- Calzado adecuado para ducha
- Candado pequeno (tipo lince 300-30) para a taquilla
OBXECTOS NON PERMITIDOS: aparellos eléctricos (sandwicheiras, estufas, etc.), animais, nin plantas.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR POLO ALUMNADO RESIDENTE CON RESERVA DE PRAZA
(o día da incorporación)
- Os seguintes impresos cumprimentados (preme enriba de cada un para descargalo):
- Permisos de saídas (só no caso de menores de idade)
- Consentimento ante o Centro de ensino
- Consentimento informar a titores legais (só no caso de maiores de idade)
- Política de protección de datos e aceptación do regulamento de réxime interior
- Fotocopia do DNI do/a residente. No caso de menores de idade, tamén fotocopia do DNI da persoa asinante dos permisos (pai, nai ou representante legal)
NOTA: a incorporación ao centro residencial logo da fin de semana ou vacacións escolares levarase a cabo os domingos e festivos desde as 20:00 horas ata as 24:00 horas.