Previous slide
Next slide

BO NADAL E PRÓSPERO
ANINOVO!!!

O CRD PERMANECERÁ PECHADO do 12 ao 16 de agosto

O luns 19 de agosto retomarase a actividade normal

O CRD PERMANECERÁ PECHADO do 12 ao 16 de agosto

O luns 19 de agosto retomarase a actividade normal

Dámosche a Benvida ao CRD

O Centro Residencial Docente de Vigo é un centro educativo para que os estudantes de ensino secundario ou ciclos formativos que teñan a súa residencia habitual lonxe desta localidade (VIGO) poidan cursar os seus estudos e, excepcionalmente, tamén para o alumnado universitario. O nóso Centro está situado na estrada de Madrid, no alto do monte Meixoeiro, xunto ao Complexo hospitalario do mesmo nome, e circundado polos centros escolares CIFP Manuel Antonio (compartimos recinto, instalacións e servizos), o IES Carlos Casares, o IES Ricardo Mella, e o CIFP Valentín Paz Andrade. Varias liñas de transporte urbano permiten a súa comunicación coa cidade.

Descobre o noso centro

Dende o punto de vista arquitectónico hai que salientar a orixinalidade da súa construción, cualidade que o acredita como un dos edificios docentes máis singulares de Galicia. Na súa estructura diferéncianse claramente dous corpos: por unha banda o Centro Residencial Docente (CRD) e pola outra o CIFP Manuel Antonio formado por una peculiar combinación de módulos que se comunican entre eles. Todo isto forma unha unidade con distintas zonas ben diferenciadas, simulando a organización arquitectónica das aldeas tradicionais galegas.

Novas do CRD de Vigo

Día de Rosalía

Comezamos as celebracións do 50 aniversario do CRD coa visita virtual de Rosalía de Castro ao noso centro