DATA DE INCORPORACIÓN PARA TODO O ALUMNADO RESIDENTE MÉRCORES 09 de SETEMBRO
Dentro do apartado SECRETARÍA – Horarios Incorporación poderá consultar o tramo horario no que debe presentarte no centro residencial:
- Novo ingreso: relación nominal de alumnado residente de novo ingreso co tramo horario no que debe presentarse no centro residencial.
- Residentes con reserva: tramos horarios habilitados para a incorporación do alumnado residente no curso anterior con reserva de praza para o novo curso.
O servizo de residencia comeza o MÉRCORES 09 de SETEMBRO
Os/as residentes que o desexen poden deixar as maletas no centro en horario de mañá. Así mesmo, os/as residentes que queden a comer no día da incorporación deberán anotarse pola mañá en recepción.
Excepcionalmente por causa de forza maior (previo aviso e debidamente xustificado), a incorporación poderá levarse a cabo o xoves día 10 de setembro (exclusivamente en horario de 10:00 a 13:00 horas).
OBXECTOS QUE TEN QUE TRAER TODO O ALUMNADO o día da incorporación
- Equipaxe
- 2 toallas
- 2 xogos completos de sabas de 1,05 cm (3 pezas)
- Roupa persoal e de aseo
- Calzado adecuado para ducha
- Candado pequeno (tipo lince 300-30) para a taquilla
OBXECTOS NON PERMITIDOS: aparellos eléctricos (sandwicheiras, estufas, etc.), animais, nin plantas.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR POLO ALUMNADO DE NOVO INGRESO NA RESIDENCIA
(o día da incorporación)
- 2 fotos tamaño carné (con identificación de nome e apelidos no reverso)
- Os seguintes impresos cumprimentados (preme enriba de cada un para descargalo):
- Permisos de saídas (só no caso de menores de idade)
- Consentimento ante o Centro de ensino
- Consentimento informar a titores legais (só no caso de maiores de idade)
- Política de protección de datos e aceptación do regulamento de réxime interior
- Fotocopia do DNI do/a residente. No caso de menores de idade, tamén fotocopia do DNI da persoa asinante dos permisos (pai, nai ou representante legal)
- Certificado IBAN da conta corrente do alumno/a
- Xustificante de transferencia bancaria efectuada a:
N.º de conta IBAN: ES67 2080 5092 0030 4000 5080
IMPORTE: 50€ (cincuenta euros)
Indicar no concepto de asunto: Fianza CRD e nome e apelidos do/a residente
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR POLO ALUMNADO RESIDENTE CON RESERVA DE PRAZA
(o día da incorporación)
- Os seguintes impresos cumprimentados (preme enriba de cada un para descargalo):
- Permisos de saídas (só no caso de menores de idade)
- Consentimento ante o Centro de ensino
- Consentimento informar a titores legais (só no caso de maiores de idade)
- Política de protección de datos e aceptación do regulamento de réxime interior
- Fotocopia do DNI do/a residente. No caso de menores de idade, tamén fotocopia do DNI da persoa asinante dos permisos (pai, nai ou representante legal)
NOTA: a incorporación ao centro residencial logo da fin de semana ou vacacións escolares levarase a cabo os domingos e festivos desde as 20:00 horas ata as 24:00 horas.