Simulacro de evacuación no CRD de Vigo

Onte, luns 29 de abril, ás 22:00 horas, realizouse un simulacro de evacuación no CRD onde participaron tanto o alumnado residente como todo o persoal do CRD que se atopaba no centro nese intre.
Aquí vos deixamos unhas fotografías do punto de encontro onde, seguindo as sinalizacións, foi chegando todo o mundo dende as diferentes instalacións do CRD.