A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, co fin de dar resposta a este tipo de situacións na nosa comunidade autónoma.
Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación dos denominados Puntos Laranxa.
Dende o 1 de marzo atópase instalado no CRD de Vigo o PUNTO LARANXA, trátase de espazos físicos onde calquera persoa pode denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.