INCORPORACIÓN CURSO 2024/2025
DATA DE INCORPORACIÓN PARA TODO O ALUMNADO RESIDENTE MÉRCORES 11 de SETEMBRO
Consulta a relación nominal de residentes para saber o tramo horario no que debes presentarse no centro
residencial (dentro do apartado NOVAS). Haberá quendas de mañá e tarde no seguinte horario:
de 09:00 a 13:30 horas
de 16:00 a 17:00 horas
O servizo de residencia comeza o MÉRCORES 11 de SETEMBRO.
Os/as residentes que o desexen poden deixar as maletas no centro en horario de mañá. Así mesmo, os/as residentes que queden a comer no día de incorporación deberán anotarse pola mañá en recepción.
Excepcionalmente por causa de forza maior (previo aviso e debidamente xustificado), a incorporación poderá levarse a cabo o xoves día 12 (exclusivamente en horario de 10:00 a 13:00 horas).
OBXECTOS A TRAER PARA TODO O ALUMNADO RESIDENTE
- Equipaxe
- 2 toallas
- 2 xogos completos de sabas de 1,05cm (3 pezas)
- Roupa persoal e de aseo
- Calzado adecuado para ducha
- Candado pequeno (tipo lince 300-30) para a taquilla
OBXECTOS NON PERMITIDOS: aparellos eléctricos (sandwicheiras, estufas, etc.), animais, nin plantas.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR POLO ALUMNADO RESIDENTE DE NOVO INGRESO (o día da incorporación)
- 2 fotos tamaño carné (con identificación de nome e apelidos no reverso)
- Cumprimentar os impresos anexos:
- Fotocopia do DNI do/a residente. No caso de ser menores de idade, tamén fotocopia do DNI da persoa asinante dos permisos (pai, nai ou represntante legal)
- Certificado IBAN da conta corrente do alumno/a
- Xustificante de transferencia bancaria efectuada a:
Nome: CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE
N.º de conta IBAN: ES67 2080 5092 0030 4000 5080
IMPORTE: 50€ (cincuenta euros)
Indicar no concepto de asunto: Fianza CRD e nome e apelidos do/a residente
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR POLO ALUMNADO RESIDENTE DO ANO ANTERIOR (o día da incorporación)
- Os seguintes impresos cumprimentados:
- Fotocopia do DNI do/a residente. No caso de menores de idade, tamén a fotocopia do DNI da persoa asinante dos permisos (pai, nai ou representante legal)